PROXECTO

TOTAL, PARA QUE SERVEN AS PEDRAS?



LABORATORIO

EXPERIENCIAS:
Un mineral é cristal cando a ordenación das súas partículas se aprecia a simple vista ou cunha lupa.



A cristalización é un proceso moi lento, que require tempo e espazo suficientes para que as partículas poidan ordenarse e, formar estructuras tan regulares como as que mostran estas fotografías.
Calcita, Fluorita, Aragonito e Azurita.
  


                 



COMPROBAMOS AS PROPIEDADES DALGÚNS MINERAIS:
Dureza


Exfoliación

Magnetismo

Raia



A nosa opinión conta:
-Eu penso que ir ao laboratorio é algo emocionante e aprendes moitas cousas. Creo que se aprende máis no laboratorio que na aula, xa que nel estamos vendo o que estudamos.
O experimento que máis me gustou ata agora non é deste tema. Foi "a auga que non cae"
Iván Otero Cortegoso  1º B ESO

-No laboratorio e cando aprendemos as cousas e nos interesamos por elas porque a nós o libro non nos di moito.
Vanesa García Rial  1º A

-A práctica de onte foi impresionante porque vin cousas que non eran como eu pensaba.
Cando fregamos o cuarzo rosa contra a parte posterior da baldosa pensei que a raia ía a ser rosa; pero non, foi branca!
Chaima Abkari Flilih 1º B ESO

-No laboratorio apredín moito, non sabía que había minerais que se podían raiar coa unlla.
Lucía Fernández Franco 1º A

-Desta práctica de minerais o que máis me sorprendeu foi a pirita. Brilaba cunha cor así como dourada e despois a súa raia foi negra.
Marta Ríos González 1º A


-Ir ao laboratorio paréceme unha experiencia boa xa que practicamos o que aprendemos nos libros.
O que máis me gustou de onte foi coñecer a dureza dos minerais: a escala de Mohs
Álvaro Juncal Moreira 1º B

-A min paréceme moi importante ir ao laboratorio, xa que nel podemos observar e aprender de maneira diferente todo o que demos na clase.
Gustoume que algúns minerais son tóxicos, logo tivemos que lavar as mans.
Non sabía que algúns minerais tivesen magnetismo.
Lucía Palleiro 1º B

-As prácticas de laboratorio parécenme super interesantes porque con elas aprendo mellor as cousas e vexo que son de verdade.
Así que ánimo, profe, e segue a levarnos ao laboratorio que aprendemos moito.
Carmen Aido  1º B

-A min gústame ir ao laboratorio porque quédame máis na cabeza se o miro ou o fago en vez de estudar deseguido.
Leticia Suárez  1º B

-O laboratorio é unha boa maneira de aprender porque temos que poñer en práctica todos os nosos coñecementos.
Gustariame ensinarlle todo isto aos nosos pais.
Eva Bacariza  1º A

  • CALCULAMOS A DENSIDADE DUN MINERAL: O CUARZO
  • OBSERVAMOS A TRAVÉS DA LUPA BINOCULAR ROCHAS ONDE SE APRECIA OS SEUS MINERAIS.
  • CONSTRUÍMOS UN VOLCÁN.
http://vimeo.com/446864
http://centros5.pntic.mec.es/ies.victoria.kent/Rincon-C/Practica/pr-35/PR-35.htm