PROXECTO

TOTAL, PARA QUE SERVEN AS PEDRAS?



MEDIO-AMBIENTE

Catástrofe ecolóxica en Hungría
A rotura dunha balsa de residuos obtidos do proceso de fabricación de aluminio dunha empresa mineira causa catro mortos e máis de 120 feridos. O verquido anega tres condados e ameaza ao río Danubio.A marea de barro vermello, tóxico e corrosivo, anega o oeste de Hungría. Considérase como " a catástrofe química máis grave da historia do país"

Visita estas páxinas web para obter máis información:
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Catastrofe/quimica/Hungria/elpepusoc/20101006elpepisoc_3/Tes
http://www.elpais.com/fotogaleria/Vertido/barro/rojo/Hungria/elpgal/20101005elpepusoc_1/Zes/1
http://www.elpais.com/graficos/sociedad/Propagacion/vertido/toxico/elpgrasoc/20101006elpepusoc_1/Ges/
http://es.wikipedia.org/wiki/Aluminio


BAUXITA 
O aluminio extráese principalmente da bauxita, un mineral do grupo dos óxidos (óxido de aluminio). Aínda que encontramos aluminio formando parte doutros minerais e rochas, é moi difícil extraelo, e só resulta rendable no caso da bauxita y doutro mineral, a criolita (fluoruro de aluminio e sodio).
INVESTIGA SOBRE A EXTRACCIÓN DO ALUMINIO

CONTESTA ÁS SEGUINTES PREGUNTAS.
Que é o aluminio?
Como se extrae da bauxita?
O proceso de extracción é físico ou químico?
Que conteñen os residuos que inundaron a localidade de Kolontar?
Por que son tan perigosos eses residuos?
Que danos poden ocasionar no medio-ambiente ?
E nas persoas?
Que se está facendo para solucionar as consecuencias dos verquidos?
Pode ocurrir esta catástrofe medio-ambiental no noso país?