PROXECTO

TOTAL, PARA QUE SERVEN AS PEDRAS?



PEDRAS EMBLEMÁTICAS

PEDRA CABALEIRA, MONTE SIRADELLA


IGREXA ESCAVADA NA PEDRA
En Ourense, dentro da Ribeira Sacra, no municipio de Egos, nunha paraxe de pedras graníticas atópase o mosteiro de San Pedro das Rochas.
É sorprendente polas súas curiosidades constructivas de aproveitamento das rochas para dar forma ás tres capelas e albergar o campanario, así como numerosos enterramentos antropomorfos.




UNHA CURIOSA ALDEA PORTUGUESA CON CASAS ATRAPADAS ENTRE XIGANTESCAS ROCHAS GRANITICAS, un espectáculo impresionante.




A CIDADE ENCANTADA, CUENCA


As formacións rochosas da cidade encantada foron debidas á disolución das calizas que se formaron como sedimento dun mar secundario hoxe desaparecido.
A diferente dureza e composición das rochas e a acción secular dos axentes atmosféricos orixinaron o que contemplamos na actualidade. Estas formacións, na súa parte superior, dunha cor grisácea, son dolomías (calizas magnesíferas pobres en cal) e na súa parte inferior, de tono avermellado, calizas margosas, con menor magnesio e menor resistencia a erosión.



ÁRBORE DE PEDRA, POTOSÍ ( BOLIVIA )

O monumento natural, Árbore de Pedra, é unha formación eólica que destaca dun conxunto de rochas volcánicas de diferentes figuras ubicadas nun areal, deserto de Siloli, Reserva Nacional de Fauna Andina Eduardo Abaroa, en Potosí (Bolivia).
A súa apariencia particular confírelle interés tirístico.



ULURU, A ROCHA MÁIS GRANDE DO MUNDO
Uluru, tamén chamado Ayers Rock, é unha curiosa e gran formación rochosa de pedra arenisca considerado como o monolito máis grande do mundo. As paredes de moitas das súas covas están cubertas por pinturas de artistas rupestres.



Atópase no Parque Nacional Uluru Kata Tjuta ao Norte de Australia. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1987.





Este parque é un dos lugares máis sagrados da rexión, non só por posuír diversos templos ou imponentes monumentos senón polos seus increibles lugares naturais. A enorme variedade de vida existente no deserto e nas súas múltiples adaptacións atópanse protexidas neste parque.



DELICATE ARCH, UTAH ( ESTADOS UNIDOS )



Esta curiosa formación de 16 m de altura, é un arco de arenisca que grazas a erosión durante anos foi adquirindo a figura actual. Este lugar convertíuse no símbolo máis emblemático do estado de Utah. Está ubicado no Parque Nacional de Arches nos EE UU de América.



OS ÍDOLOS DE PEDRA DE KOMI ( RUSIA )


No medio da meseta de Manpupuner na república de Komi atópanse formacións tan curiosas que parecen xurdir da nada. Están illadas, lonxe de calquera montaña. Son coñecidas como pedras Mansi ou o miragre de Rusia. A súa formación é debida ao vento, á chuvia e as fluctuantes temperaturas durante millóns de anos. Teñen alturas entre 30 e 40 m.




O PALACIO IDEAL, HAUTERIVES ( FRANCIA )


“Yo mismo me decía que estaba loco, demente. No era albañil, nunca había tocado una paleta; ni escultor, no conocía el cincel; de arquitectura, ni hablar, nunca la había estudiado. No le decía nada a nadie por temor a que me ridiculizaran y yo mismo me sentía ridículo”. – Ferdinand Cheval
O "Palaio Ideal" é claramente unha obra única no mundo. foi creada no século XIX por Ferdinand Cheval. Un simple carteiro que adicou o seu tempo libre durante 33 anos a levantar este impresionante edificio de pedras e rochas. Foi por casualidade que atopou cunha pedra no camiño mentres repartíao correo. Ao vela dixo: “una escultura tan rara que ningún ser humano podría imitarla“. “Entonces me dije: ya que la naturaleza quiere hacer la escultura, yo me encargaré de la albañilería y la arquitectura. He aquí mi sueño. ¡Manos a la obra!” . E así empezou, durate oseu traxecto de reparto foi recollendo pequenas pedras que irian formando o palacio.


A curiosa construcción chamou a atención de moitas personalidades da época como Pablo Picasso que a visitou varias veces. André Bretón adicoulle un poema, e outros subrealistas recoñecíanlle a súa influencia.

Ferdinand Cheval adicou outros 8 anos máis da súa vida a construírse un mausoleo no cemiterio local onde repousaría eternamente. Finalizouno aos 86 anos de idade. Dous anos máis tarde morrería.
“He tenido la dicha de que me acompañara la salud para terminar esta tumba, llamada ‘La tumba del silencio y del reposo infinito’”



A COVA DOS CRISTAIS, NAICA ( MÉXICO )


A 300 m baixo terra atopamos un dos lugares máis impresionantes do mundo. Esta cova contén megacristais de selenita de dimensións superiores a calquera cristal destas características descuberto con anterioidade.  
As paredes e en especial o piso da cova vense salpicados de cristais illados en forma de "block", que en ocasións se agrupan para formar agregados paralelos e algúns crúzanse dun lado a outro da cova. A maioría mide 6 m de lonxitude pero algúns chega aos 11 m creando un escenario natural nunca visto.