PROXECTO

TOTAL, PARA QUE SERVEN AS PEDRAS?



miércoles, 9 de febrero de 2011

CANTEIRAS DE VILABOA

En Paredes atópase a antiga canteira de "A Lapa" actualmente convertida en miradoiro.










No seu interior hai unha pequena lagoa que de vez en cando é visitada por aves anátidas.

jueves, 20 de enero de 2011

ENTREVISTA A CANTEIROS DE VILABOA



Estas entrevistas forman parte do traballo: TOTAL, PARA QUE SERVEN AS PEDRAS?
As persoas entrevistadas son xefes ou empregados, canteiros con taller propio ou canteiros que se desprazan a realizar os seus traballos alí onde os chaman.
As súas respostas, opinións, comentarios ou suxerencias déronnos idea da actividade que se realiza na zona de Vilaboa con este recurso natural: A PEDRA

AS PEDRAS NA ACTUALIDADE

Infórmate na páxina recursos deste blog, noutras páxinas de internet ou na biblioteca do centro, busca imaxes e elabora unha presentación con este título: AS PEDRAS NA ACTUALIDADE

miércoles, 19 de enero de 2011

AS PEDRAS AO LONGO DA HISTORIA

Busca información na páxina recursos deste blog, noutras páxinas de internet ou na biblioteca do centro e fai unha presentación con este título: AS PEDRAS AO LONGO DA HISTORIA

martes, 21 de septiembre de 2010

TOTAL, PARA QUE SERVEN AS PEDRAS ?


Visualiza varias veces, prestando atención, o primeiro video da páxina RECURSOS deste blog. Unha vez entendida a mensaxe elabora un escrito co título do seguinte cartel.



Bueno, xa sabemos como sería a vida sen minerais e rochas.

Elabora agora outro escrito para respostar á pregunta destoutro cartel.